Os Premios Nacionais da Cultura Galega, as competencias e a lingua foron os grandes temas culturais no debate da Autonomía

A cultura que saíu do debate

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Debate sobre o Estado da Autonomía, que concluíu onte, achegounos novas iniciativas tamén no campo cultural. Unha das máis curiosas que aprobou a cámara foi a institución dos Premios Nacionais da Cultura Galega. Canda a isto, acordouse reclamar a transferencia de centros de investigación, arquivos, museos e bibliotecas aínda en mans do Goberno Central. A maiores, avogouse por promover un grande pacto encol da lingua e por desenvolver a coordinación na planificación lingüística entre os diferentes ámbitos territoriais galegos. A ampliación da Rede Natura e un regulamento de usos lingüísticos da Xunta foron outros puntos que se aprobaron no debate.

Máis información no El Correo Gallego ; en Vieiros

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Rede Natura, Bibliotecas, Museos...