Méndez Romeu pide que non se creen conflitos artificiais mentres A Mesa quere que cumpra a lei

Artigos de lei

19/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Hai dous días, o conselleiro de Presidencia, José Luís Méndez Romeu, optaba por un “pacto político” que eliminase o artigo ou permitise a cooficialidade A Coruña /La Coruña para referirnos á cidade herculina. Tralas respostas da Mesa pola Normalización pedíndolle que cumprise a Lei de Normalización Lingüística, Méndez Romeu apuntou que o texto xurídico, que foi aprobado no seu momento por unanimidade, non responde ás necesidades dos galegos nin obedece ás súas verdadeiras crenzas. A isto hai que engadir que o deputado nacionalista Bieito Lobeira advertiulle ao conselleiro que as súas palabras contradín o pacto de goberno. Mentres, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de lei que insta á Xunta a dirixirse ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo que a lingua galega sexa o idioma de referencia en todas as operacións das empresas teleoperadoras en Galicia.

Máis información en Galicia Hoxe, no web de A Mesa e en Vieiros e sobre a polémica nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, A Coruña, Turismo, Lei de Normalización Lingüística...