Queremos galego convoca novas mobilizacións a prol da lingua

Un acto o 30 de abril e mobilizacións o Día das Letras son as vindeiras citas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Un grande acto institucional en Compostela o vindeiro día 30 é a vindeira convocatoria coa que a plataforma Queremos Galego quere denunciar a política pública encol da lingua. O encontro, que se celebrará previsiblemente no Pazo de Congresos, contará con persoeiros da cultura e da sociedade do país que amosarán o seu compromiso co galego. Do encontro preténdese tirar un documento ao que se lle dará lectura o 17 de maio, Día das Letras. Para esta data, a plataforma convoca, no lugar da habitual mobilización en Compostela, concentracións en diferentes localidades do país.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela

Claves