Novas convocatorias súmanse á defensa da lingua

A plataforma Galego. Patrimonio da Humanidade programa un acto para o vindeiro día 14 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

En plena conta atrás para a mobilización en defensa do galego do vindeiro 18, dúas novas convocatorias súmanse a reivindicación do noso idioma. Por unha banda, a iniciativa Galego. Patrimonio da Humanidade programa para as 12 da mañá do vindeiro 14 de novembro un acto reivindicativo no Teatro Principal de Compostela. O acto contará coa presenza de diferentes nomes da vida social e política do país. Pola súa banda, a plataforma Galego Sempre Mais, que agrupa desde a pasada primavera diferentes colectivos e persoas de óptica reintegracionista, chama a participar na mobilización do vindeiro domingo, e anuncia a convocatoria dunha assembleia o vindeiro 21 de novembro para consolidar a entidade.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Teatro, Lingua galega, Santiago de Compostela