A Fundación Seoane denuncia roubos e desperfectos de obras na entidae

O servizo de Cultura solicitou a Contratación a rescisión do contrato coa empresa de vixilancia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Desaparición de cartos en efectivo así como publicacións destinadas para a venda e consulta, gravacións sen permiso visibles desde Youtube, así como desperfectos nas obras expostas. Estas son algunhas das queixas que o director da Fundación Seoane, Alberto Ruíz de Samaniego, transmitiu ao Concello da Coruña en relación coa actuación da empresa de vixianza (concesionaria desde o pasado mes de agosto). Así o asegura hoxe o xornal La Opinión que fai referencia a unha carta que Samaniego lle remitiu ao xefe do servizo de Cultura. Os feitos chegaron ao pleno municipal en varias ocasións e o concello asegura que as incidencias foron “oportunamente resoltas”. No entanto, o servizo de Cultura pide á mesa da contratación que se rescinda o contrato da empresa de vixilancia.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Seoane, Concello da Coruña, La Opinión, Alberto Ruíz de Samaniego