A raÃz do CO-CREATION (unha xornada de encontro da industria creativa galega coa portuguesa realizada en 2010), desde Agadic pensaron que ese modelo poderÃa exportarse a outros paÃses e asà abrir as posibilidades da industria cultural galega. O resultado é Garage Project, un proxecto de cooperación de base cultural que opta a ser financiando a cargo do programa Interreg IV-C (para proxectos de base non tecnolóxica). A iniciativa está en fase de elaboración, presentarase a finais deste mes de marzo e conta coa participación de 14 paÃses. Os representantes das entidades participantes realizaron hoxe unha xornada de traballo na Cidade da Cultura para ultimar a candidatura, na que deron a coñecer algunhas das accións que implica esta iniciativa. Entre elas destaca a posta en marcha do Observatorio das Industrias Culturais e Creativas, un repositorio de boas prácticas e dunha web 2.0 que contará cun apartado denominado Creative Women (Mulleres Creativas). O proxecto supón tamén a elaboración de grupos de discusión e de traballo, encontros empresariais que fomenten o intercambio de ideas e prácticas de traballo. A finais deste ano saberase se o proxecto está entre os seleccionados pola Unión Europea para o seu financiamento.