Os castros da Cidá de Saceda e Borneiro xa son Ben de Interese Cultural

O Consello da Xunta aprobou hoxe a súa declaración como monumentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Son dous castros emblemáticos da cultura castrexa, pertencentes a dúas áreas moi distintas de dispersión desta cultura. Borneiro está no concello de Cabana de Bergantiños, na Costa da Morte, e a Cidá de Saceda atópase no concello do mesmo nome, próximo a Verín e ao sur da Serra do Larouco. A Xunt a declarounos hoxe Ben de Interese Cultural (BIC), a máxima figura de protección legal dos xacementos. Saceda foi habitado entre o século VI a.C. e o I d.C. e non foi romanizado. Borneiro, moito máis pequeno pero nun bo estado de conservación, é un dos xacementos clásicos da arqueoloxía galega.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Clásicos, Morte, Arqueoloxía...