AÃnda que pareza sorprendente, ata agora só dous castros galegos gozaban da máxima protección legal do patrimonio. Unha iniciativa da ConsellarÃa de Cultura para incluÃr no catálogo de Bens de Interese Cultural a outros vinte pon de manifesto a enorme riqueza e diversidade deste importante perÃodo cultural da historia galega. Viaxa co noso mapa ata a época castrexa.
A cultura castrexa é unha das etapas culturais máis identificativas de Galicia. Calcúlase que existen arredor de 5.000 castros por todo o paÃs, e os xacementos arqueolóxicos son facilmente recoñecibles, nos outeiros próximos aos núcleos de poboación actuais. Tan abundancia de xacementos arqueolóxicos converte a Galicia nunha das zonas con maior densidade do pasado do mundo.
Pero, aÃnda que pareza incrible, ata agora só dous castros deses cinco mil que se calcula que existen no paÃs teñen o máximo nivel de protección administrativa que prevé a nosa lexislación: ser un Bens de Interese Cultural (BIC). Os afortunados eran os castros de Elviña, do concello da Coruña e Santa Tegra, no da Guarda. A maior parte do resto só figuraban como bens inventariados, que é a figura legal de máis baixo nivel de protección de patrimonio.
A Dirección Xeral de Patrimonio da ConsellerÃa de Cultura quere mudar a situación, cambiando a situación legal de 20 castros galegos dispersos por todo o territorio. “Son os castros máis sobranceiros, tendo en conta criterios de conservación, monumentalidade e calidade do rexistro arqueolóxico”, aseguran desde a ConsellerÃa de Cultura. O goberno autonómico autorizou unha partida de 37.200 euros para realizar os traballos de catalogación e delimitación dos xacementos, delimitar a súa forma e perÃmetro asà coma o alcance da área de protección circundante que tamén quedará protexida.
Diversidade temporal, económica e xeográfica
Na lista de castros que pasarán á primeira división do patrimonio galego tamén se poden apreciar unha gran diversidade de hábitats e épocas dentro dunha época cultural moi dilatada no tempo, e que comeza contra o século VIII-IX a.C. e chega a fin da época romana e os inicios da Idade Media. Moitos deles, ademais, teñen unha gran traxectoria de investigación e algúns mesmos foran xa obxecto de excavación por parte do Seminario de Estudos Galegos nas primeiras décadas do século XX e algúns seguiron tendo campañas de excavación continuadas ata hoxe en dÃa.
Deste xeito, hai castros que aproveitan as penÃnsulas que se adentran no mar, como Fazouro (Foz), Punta dos Prados (Ortigueira), Baroña (Porto do Son) ou Neixón (Boiro) ata castros de hábitat montañoso, como Vilar ou a Torre (Folgoso e Seoane do Caurel, respectivamente); algúns castros documentan o contacto entre a cultura castrexa e as civilizacións mediterráneas (Neixón) e outros amósannos a fusión entre os antigos poboados e a cultura romana (Santomé). Tamén destacan aqueles castros de dimensións enormes, como San Cibrán de Lás, que será o centro do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa ou de grandes dimensións, como o de San Millán, en Cualedro, case na fronteira con Portugal. Algúns castros, coma os do Caurel (Santa MarÃa do Castro e o Vilar) están directamente relacionados coas explotacións mineiras e aurÃferas da zona; outros, coma no caso de Neixón, aÃnda que están en proceso de excavación, apuntan novas teorÃas sobre a cultura castrexa. As últimas hipóteses sobre o Castro Grande do complexo de Neixón (composto por dous castros moi próximos) parece que falan de que fixo as funcións dun almacén fortificado que redistribuÃa os produtos comerciais adquiridos no tráfico marÃtimo co sur da PenÃnsula Ibérica.
Un dos aspectos máis facilmente recoñecibles da cultura castrexa é o das técnicas defensivas da acrópole. As defensas dun castro compóñense de parapetos, algunhas torres, terrapléns, foxos, murallas de pedra....na lista seleccionada pódense apreciar xacementos cunha estrutura defensiva moi complexa que aÃnda non se comprende na súa exactitude. Xacementos como Castromaior, ao carón do Camiño de Santiago, en PortomarÃn ou o de Viladonga, en Castro de Rei (Lugo), destacan pola sucesión de foxos e parapetos ao seu redor. Outros, pola contra, relatan unha longa historia de usos e desusos que permiten observar mil anos de historia galega. O monte Facho, de Donón, é un dos casos máis notables. O poboado, ubicado sobre os cantÃs que preceden ao Cabo Home, e cunha visión magnÃfica das Illas Cïes, naceu na Idade do Bronce, viviu un periodo de expansión antes da chegada dos romanos e foi abandonado máis ou menos no século I a.C. Dous séculos despois, o poboado converteuse nun santuario galaicorromano dedicado ao deus Berobreo, e os fieis pousaron varias ducias de pequenos altares, a xeito de ofrenda, en terrazas. Hoxe é un dos santuarios máis atÃpicos e espectaculares que se conservan da época. Cunha ricaz tradición simbólica moi vinculada aos mitos xacobeos, na catalogación entrará o Castro Lupario, próximo a Compostela, fogar mÃtico da RaÃña Lupa que protagonizou a lenda da Traslación do corpo de Santiago.