Un congreso analiza o esplendor do cinema español da Segunda República

A cita terá lugar do 10 ao 12 de marzo en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cinema musical, un novo sistema de estrelas, florecemento de propostas melodramáticas burguesas ou populistas, o rebulir de propostas melodramáticas… entre 1931 e 1936 agromaron propostas interesantes no cinema español. Foi o estoupido da Guerra Civil que rachou co seu despegamento pero que deixou numerosas propostas que analizar, estudar e debater. E isto é o que se fará en Santiago, do 10 ao 12 de marzo de 2011, aproveitando que se cumpren oitenta anos da proclamación da Segunda República. O XIII congreso da Asociación Española de Historiadores de Cine (AEHC) incluirá, ademais de mesas de debate, a entrega das Medallas de Honra e a proxección de fitas do cine desta época.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Segunda República, Guerra Civil