Sete salas proxectarán películas en alta definición despois do verán

Chega o e-cinema

O cine entra de cheo nas novas tecnoloxías. A Asociación Española de Cine Dixital poñerá en marcha os seus servizos despois do verán. Das oitenta salas de cine que se incorporarán ao novos sistema haberá sete galegas (en Caldas, Ferrol, Ribadeo, Foz, Xinzo da Limia, Leiro e Porriño). O e-cinema implica un cambio no concepto de cine tradicional ao pretender atraer a distintos públicos ao longo da semana (desde cine de autor at musicais ou eventos deportivos en vivo). Iso é posible grazas a un cambio na tecnoloxía na que non haxa cinta en celuloide, senón que se substitúa por películas dixitais que e emiten vía satélite e que os cines almacenan ata a súa proxección. O sistema leva consigo un aumento da calidade da imaxe e do son.

Máis información sobre o e-cinema no web da Asociación Española de Cine Dixital