Un congreso busca actualizar o relato da Guerra Civil

Celébrase entre hoxe e o 20 de xullo de 2016

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Santiago de Compostela acolle entre hoxe e ata o mércores 20 de xullo o congreso "1936 ¿Un novo relato? 80 anos, entre historia e memoria", organizado polo grupo de investigación Histagra da USC co obxectivo de "presentar e discutir, dende distintos enfoques, as visións e interpretacións que a sociedade española actual manexa dun pasado incómodo e a dimensión ética do seu coñecemento, pero tamén para debater sobre a necesidade dun novo relato sobre ese pasado e mais sobre os elementos dispoñibles para construílo". Ese diálogo establécese sobre todo desde dous ámbito que se ocupan da memoria. Investigadores de distintas universidades europeas e americanas daranse cita ao redor da relectura da Guerra Civil, o fascismo, a represión e o franquismo.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra Civil, USC, Franquismo, Santiago de Compostela

Claves

Entidades