O Pazo de Bendaña, en Santiago de Compostela, acolle desde a semana pasada a exposición "80 anos. Santiago 1936". Está elaborada polo grupo de investigación da USC Histagra co apoio do concello, Deputación da Coruña e da Xunta. Poderá visitarse ata o 25 de setembro e é a antesala do congreso internacional "1936. Un novo relato? 80 anos entre historia e memoria". Segundo os organizadores, "esta exposición pretende explicar como, en tan poucos dÃas, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aÃnda se festexaba o Estatuto de AutonomÃa de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza". En culturagalega.gal estivemos cos organizadores visitando a mostra e preparando uns pequenos vÃdeos que vos permitirán coñecer algunhas das pezas máis destacadas. Hoxe podemos ver a primeira e para a semana coñeceredes o resto.