Exhíbese por primeira vez a copia completa da Galicia de Carlos Velo

Fai parte do programa do congreso sobre o cinema da Segunda República

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Ata hai uns meses dábase por perdida a versión final de Galicia, a lendaria cinta do cineasta galego Carlos Velo. Foi a finais de 2010 cando o profesor ruso Vladimir Magidov, decano de Humanidades atopou, por casualidade, a montaxe final da mítica cinta de Velo. Hoxe, no marco do Congreso da Asociación de Historiadores que versa sobre o cinema da Segunda República (considerada a época dourada do cinema español), exhibirase este traballo que ten 18 minutos de cinta, dez máis da que ten a montaxe coñecida e conservada ata entón. A proxección terá lugar hoxe ás 22:00 horas, xusto despois dunha mesa redonda sobre a cultura republicana no noroeste no que participan os profesores de Arte, María Luisa Sobrino, e Historia do Cine, Xosé Nogueira e o historiador Emilio Grandío.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Carlos Velo, Segunda República, Emilio Grandío...