Aparece en Rusia unha nova versión do filme Galicia

A copia da obra de Carlos Velo presenta unha montaxe diferente e carece de son

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Galicia, unha das obras míticas da filmografía galega, codirixida por Carlos Velo e Fernando Gutiérrez en 1936, ten unha nova versión. O Centro Galego das Artes da Imaxe, CGAI, recibiu hai dez días unha copia deste filme procedente da Facultade de Medios Tecnotrónicos da Universidade de Humanidades de Rusia. A mesma presenta unha nova montaxe do filme, dezaseis minutos máis longa que a coñecida, aínda que carece de son. Guillermo Escrigas, director do CGAI recoñeceu a importancia do achado e sinalou que os técnicos do centro traballan para avaliar a importancia do achado, que abre novos interrogantes sobre a traxectoria de Velo.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rusia, Carlos Velo, CGAI, Centro Galego das Artes da Imaxe

Claves

Protagonistas
Lugares