Un congreso analiza os movementos migratorios en España

Entre as actividades paralelas destaca un ciclo de cine sobre a temática das xornadas

| Santiago. Redacion | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hoxe comeza na Coruña un encontro que pretende analizar os comportamentos de entrada, acompañamento, retorno e integración da poboación. Fan parte do VI Congreso de Migracións en España no que participan uns 400 especialistas entre expertos e investigadores. No marco das propostas que se debaten no evento está a modificación da lei e cambiar a normativa de empadroamento e agrupación familiar. O congreso, que se desenvolve ata o sábado, compleméntase cun ciclo de cinema migratorio que terá lugar no Centro Galego de Artes da Imaxe. Cada proxección estará presentada por especialistas dos ámbitos sociolóxicos e cinematográficos.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Centro Galego de Artes da Imaxe, A Coruña, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)