Expertos e investigadores debaterán en Compostela sobre a literatura infantil

Teresa Colomer e Lygia Bojunga serán algunhas das especialistas presentes no 32º congreso do IBBY

| Santiago. Redacion | Seccións: Literatura
Compartir:

De hoxe nun ano, Santiago acollerá o 32 Congreso do IBBY, ou o que é o mesmo, o máis importante evento relacionado coa literatura infantil e xuvenil do país. O encontro presentouse hoxe baixo lema A forza das minorías e contará coa presenza de escritores, investigadores, especialistas e editores como Teresa Colomer (Cataluña), Emilia Ferreiro (Arxentina/México), Olayinka Koso-Thomas (Nixeria/Serra Leona)ou a brasileira Lygia Bojunga. O programa, que está bastante perfilado, inclúe seminarios, obradoiros, mesas redondas e actividades como a presentación de revistas, exposicións e actividades sociais e culturais. Para Roberto Varela, conselleiro de Cultura, esta cita suporá unha oportunidade para proxectar no exterior o “vigor e a calidade” dos autores galegos.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Oportunidade IBBY

Oportunidade IBBY

Comeza en Compostela o congreso que reunirá aos expertos de literatura infantil e xuvenil

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Roberto Varela, Editores, Escritores...