Un catálogo, un stand e conferencias compoñen a presenza galega en Boloña

A cita servirá para presentar o Congreso do IBBY que terá lugar en setembro en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hoxe comeza en Boloña a feira europea máis importante do libro infantil. Un encontro ao que asistirá unha representación de empresas galegas amparadas baixo a consellaría de Cultura que, alén de dar a coñecer as novidades deste sector, servirá para presentar o Congreso do IBBY que se desenvolverá en Santiago en setembro. En total, asisitirán a este encontro 17 editoriais galegas que darán conta do “bo momento”, segundo a nota de prensa remitida pola consellaría de Cultura, que vive a literatura infantil “non só no noso territorio senón máis alá das nosas fronteiras”. A presenza galega, alén do stand contará coa participación dos escritores galegos e encontros sectoriais dos editores asistentes.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Boloña, Editores, Escritores, Literatura...

Claves

Lugares