Ánxela Bugallo abre a presenza galega na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña

Libros á boloñesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ánxela Bugallo abre a presenza galega na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña

Un ano máis, Galicia conta cun posto propio na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, que comeza hoxe coa presenza da conselleira de Cultura Ánxela Bugallo. Neste espazo presentaranse un cento de novidades da man de vinte editoras. A maiores, as firmas Kalandraka, Oqo e mais Nova Galicia Edicións estarán presentes con cadanseu posto no maior evento dedicado a este sector editorial do mundo. Entre as obras que estarán presentes atópase unha selección de obras de banda deseñada de autores do país. No marco desta feira, a conselleira de Cultura asinará un acordo de colaboración co IBBY, máximo organismo mundial na Literatura Infantil e Xuvenil, para difundir os autores galegos destes xéneros.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Feira do Libro, Boloña, Banda deseñada...