O Congreso do IBBY en Compostela será en setembro de 2010

A entidade centrada no libro infantil e xuvenil presentou o evento en Bos Aires

27/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Feria do Libro de Bos Aires serviu de marco para a presentación do 32º Congreso Internacional do IBBY (International Board on Books por Young People). O galego Xosé antón Neira Cruz, comisario do evento, anunciou que será entre o 8 e o 12 de setembro de 2010 cando se reúnan en Compostela especialistas deste sector de todo o mundo. A presenza galega na Feira tamén se está a facer notar con diferentes actividades centradas na nosa cultura. Onte, día 26, celebrouse unha charla con Vitor Freixanes e con María Rosa Lojo e mais unha lectura de textos de Ramón Cabanillas no coñecido Teatro Tortoni.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bos Aires, Ramón Cabanillas, María Rosa Lojo, Ramón Cabanillas...