O 32 Congreso IBBY achegará 700 escritores á Cidade da Cultura en 2010

O evento centrarase nas minorías no marco da literatura infantil e xuvenil

8/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un ano despois de que abra o Centro IBBY (International Board on Books for Young People) da Cidade da Cultura Galega este mesmo organismo celebrará en Compostela o seu 32 congreso. O evento, que se celebrará 2010, reunirá na capital galega 700 escritores centrados nos libros para os máis novos. Nesta edición, o eixe da reunión será “A forza das minorías”. Segundo explicou Xosé Neira Cruz, coordinador do congreso, con este lema quere abordarse a condición minoritaria deste tipo de literatura, a produción da mesma nas linguas minorizadas e a produción de obras para lectores con discapacidades, entre outras cuestións. Neira Cruz presentará este mércores a iniciativa no 31 Congreso do IBBY que se está a celebrar en Copenhague.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

08/09/2010

Oportunidade IBBY

Comeza en Compostela o congreso que reunirá aos expertos de literatura infantil e xuvenil

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Literatura, Xosé Neira Cruz, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...