O International Board of Books for Young People, IBBY, facÃa pública esta semana a lista de honra coa que, cada dous anos, esta prestixiosa organización recoñece as mellores publicacións internacionais dedicadas aos lectores máis novos. Entre os 173 libros seleccionados e todo o mundo inclúense dous nomes galegos. Por unha banda a entidade recoñeceu a obra Escarlatina a cociñeira defunta
de Ledicia Costas. Editada por Xerais con ilustracións de VÃctor Rivas, a obra xa fora galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e co Premio Lazarillo. No apartado de recoñecementos á tradución, o IBBY recoñeceu o traballo que realizou Ramón Nicolás na versión galega o libro Bisa Bea, Bisa Bel da brasileira Ana MarÃa Machado que publicou Galaxia.