A galega Ledicia Costas acaba de ver recoñecido o seu traballo do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga cada ano o Ministerio de Educación e Cultura. A novela Escarlatina. A cociñeira defunta, que publicou Edicións Xerais con ilustracións do tamén galego VÃctor Rivas, vendeu xa preto de 8.500 exemplares no noso paÃs e recibira o Premio MerlÃn de Literatura Infantil o pasado ano, canda a outros galardóns coma os Fervenzas Literarias ou o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores. O xurado destacou que se trata "dunha obra extraordinaria, humorÃstica e rachadora no contexto da Literatura Infantil e Xuvenil Actual", ademais sinalar que a obra posúe "habilidade para desmitificar o mundo da morte". O galardón está dotado con 20.000 euros.