Exposicións, declaracións institucionais, publicacións... O DÃa Internacional da Muller marca hoxe a axenda en todo o paÃs. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, por exemplo ,presentou onte os dous primeiros volumes da Historia das mulleres en Galicia e inaugurou a Biblioteca Concepción Arenal, especializada en xénero e que se instalará na Cidade da Cultura. Pola súa banda, en Ourense podemos ver a mostra Feminismo galego: Cambios sociais e dereitos das mulleres como parte dunha programación que inclúe teatro e mesas redondas. Na mesma cidade vaise fallar o premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, e en Compostela o Xohana Torres. Na Coruña, pola súa banda, desenvólvese o programa Medrando en igualdade.