A Biblioteca especializada en cuestións de xénero arrinca con 6.000 volumes

A sinatura do convenio completouse coa presentación do libro Elas teñen a Palabra

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

“Concepción Arenal loitou por romper os canons establecidos para a muller, e reivindicou a igualdade en todas as esferas sociais para a muller” afirmou a secretaria xeral de Igualdade, Marta González antes de asinar o convenio que lle dará o seu nome a unha biblioteca especializada en cuestións de xénero. O centro contará inicialmente con 6.000 volumes cedidos pola secretaría xeral de Igualdade que se compromete en actualizar os fondos e fomentar programas culturais e literarios coa inlusión de obras feitas e producidas por mulleres. Pola súa banda, Cultura comprométese a recoller, organizar e difundir as publicacións que albergue esta biblioteca. O acto de sinatura de convenio completouse coa presentación do libro Elas teñen a Palabra, editado a partir dos relatos das irmás Andrea, Lara e Marcela Porto Mato e ilustrado coas creacións de Roberta Vázquez.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Xénero, Concepción Arenal, Mulleres

Claves

Protagonistas