A Cidade da Cultura terá unha biblioteca especializada en cuestións de xénero e igualdade

O convenio asinarase co gallo do Día Internacional da Muller

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O vindeiro 8 de marzo celébrase o Día Internaciona da Muller. Unha efeméride que a Xunta pretende celebrar baixo o lema Máis igualdade, mellor con iniciativas de diferente natureza. Dunha banda, a secretaría xeral de Igualdade e a consellaría de Cultura asinarán un convenio polo que a Cidade da Cultura contará cunha biblioteca que, baixo o nome de Concepción Arenal de Estudos das Mulleres, compilará todo o material en cuestións de xénero e igualdade que se leva producindo en Galicia nos últimos vinte anos. Da outra, ese mesmo día haberá unha campaña audiovisual, un acto simbólico de solta de globos e iniciarase a xira da compañía Blanca Marsillach que representará a obra Buscando a Hillary.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Xénero, Concepción Arenal, Natureza...