José Conde, actor nado en Ourense, apareceu morto o pasado venres en Madrid, nas proximidades do seu domicilio. Conde, coñecido polo seu traballo en series como Brigada central, Sin tetas no hay paraÃso ou Médico de familia, foi incinerado o pasado domingo nesta mesma cidade, sen que polo momento se puidesen determinar as causas da súa morte.