Falece Álvaro Guevara, fundador de Teatro del Andamio

O actor, director e dramaturgo tiña sesenta anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Álvaro Guevara cos Goyas do filme Engurras no que participou

Álvaro Guevara cos Goyas do filme Engurras no que participou

O pasado venres falecía, logo dunha longa enfermidade, Álvaro Guevara, actor, director, dramaturgo e fundador da compañía coruñesa Teatro del Andamio e da escola homónima. Guevara, nado en Arxentina, desenvolveu unha intensa carreira dramática no noso país tanto na súa compañía como en diferentes series e filmes. Títulos como Doente, O ano da carracha, Mia Sarah ou libro de familia fan parte da súa produción audiovisual. O corpo de Guevara, que tiña sesenta anos, foi incinerado o pasado sábado na intimidade familiar.

Que che parece esta nova?
168 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro del Andamio, Arxentina

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares