Sucédense as mostras de pesar polo falecemento de Jesús Silva

O fundador da Cidade dos Muchachos foi incinerado o pasado sábado

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Retrato do Padre Silva

Retrato do Padre Silva

Logo de meses ingresado por mor dun infarto cerebral, o pasado venres falecía Jesús Silva no Complexo Hospistalario Universitario de Ourense. O traballo asistencial para nenos e adolescentes que o Padre Silva desenvolveu durante décadas no marco do proxecto A Cidade dos Muchachos viuse recoñecido nos últimos días con múltiples mostras de pesar a nivel estatal e internacional. O corpo de Silva foi incinerado Logo dun funeral o pasado sábado en Seixalbo. Segundo os seus desexos, os restos esparexeranse polo complexos do proxecto que liderou que continúan en marcha por todo o mundo.

En 2003 Silva vira como a sede da iniciativa, en Bemposta, tivo que fechar por problemas económicios no medio dunha agra polémica coa Xunta de Galicia e veciños da zona. Xa entón numerosas figuras da cultura do país, como o actual presidente da Real Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, amosaran o seu apoio á figura de Silva e ao proxecto.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Méndez Ferrín, Xunta de Galicia, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)