O Padre Silva recoñece que a intervención da Xunta supón o fin do proxecto de “Ciudad de los Muchachos” en Bemposta

Bemposta acabou

Os complexos enfrontamentos que nos últimos anos rodearon o proxecto educativo e asistencial da “Ciudad de los Muchachos” en Bemposta remataron onte coa orde de que a Xunta debe asumir a tutela dos nove menores que quedaban no lugar. O Padre Silva, promotor hai anos deste proxecto, considera que esta medida supón a fin do proxecto neste lugar, aínda que asegura que continúa vivo noutras partes do mundo. Sucesivos e virulentos conflitos, primeiro sobre a titularidade das fincas nas que se asenta este proxecto e despois a nivel interno sobre a dirección do centro levaron a que finalmente a Fiscalía de Menores considerase que os menores acollidos no lugar estaban en situación de risco e decidise asumir a súa tutela.


Máis información en La Región e en Faro de Vigo