Súbito falecemento do Doutor José Carro Otero

O médico, antropólogo e historiador apareceu morto no seu domicilio en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasHistoria
Compartir:

O xornal El Correo Gallego, no que el era asiduo colaborador, comunicaba hoxe a mediodía a inesperada morte do Doutor José Carro Otero (Santiago, 1942). Carro Otero, médico e Catedrático de Medicina, era presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e profesor de Antropoloxía. Historiador moi prolífico sobre a temática médica e xacobea foi asesor da Xunta neste sentido. Escribiu infinidade de libros e artigos, tanto sobre ese tema coma sobre outros moitos relativos á historia da medicina e a antropoloxía ou tamén á arqueoloxía, chegando a participar en campañas. Cabe recordar as sús ainvestigacións en apoio da autenticidade dos restos do apóstolo depositados na catedral de Santiago. O Dr.Carro foi atopado hoxe morto no seu domicilio, no que falecera, segundo parece, por causas naturais aos 78 anos de idade.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medicina, Antropoloxía, Arqueoloxía, Catedral...