Os escritores celebran o Día de Rosalía a denunciar os recortes en Cultura

Lecturas simultáneas de textos lembrarán a autora de Cantares gallegos

Lecturas simultáneas de textos de Rosalía de Castro por toda Galicia artellan a homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle prestan á autora de Cantares Gallegos no día do seu nacemento. A aproveitar a efeméride, o colectivo lerá un manifesto no que reclamarán que se manteña o emprego público do Panteón de Galegos Ilustres, así como os recortes nos investimentos públicos en cultura, que ao seu ver, están a "destruír o construído nos últimos trinta anos". Do mesmo xeito, os escritores amosarán o seu apoio aos profesores comprometidos co ensino en galego e reclamaranlle á Consellaría de Educación que inclúa o Día de Rosalía no calendario escolar.