O Parlamento recibe a proposta de Lei do Panteón de Galicia

A comisión redactora propón crear unha Entidade de Dereito Público dependente da Cámara

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Panteón de Galicia será unha Entidade de Dereito Público adscrita ao Parlamento de Galicia a través da súa presidencia. Cando menos, así o recolle o rascuño proposición de Lei que lle entregou esta mañá a comisión encargada deste proxecto, formada por membros do Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego e as fundacións Rosalía de Castro, Alfredo Brañas e Castelao. O texto recoñece o Panteón como "un elemento singular da identidade galega e da súa continuidade histórica" e establece que se creará unha comisión para determinar quen será enterrado no mesmo. O expediente para estas honras só se poderá iniciar pasados 25 anos do falecemento. O Consello da Cultura “proporcionará o apoio material e persoal necesario para o desenvolvemento das súas funcións” e acollerá a nova entidade mentres non se lle asigne outra sede.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Rosalía de Castro, Identidade, Parlamento de Galicia...