As propostas máis revolucionarias, subversivas e novidosas da arte contemporánea chegan desde hoxe a Madrid. E fano cunha cita dobre, de temática semellante, pero orientación diferente: son ARCO e ART Madrid. Revisamos cal é a presenza galega en cada unha das citas dentro do novo panorama no que se move cada unha das feiras, marcadas este ano pola crise económica.
Son dúas citas imprescindibles para as galerías de arte contemporánea. Lugares de visita obrigada de venda de obras de arte e, ademais, un escaparate de luxo do traballo desenvolvido ao longo do ano. Comparten lugar (Madrid), datas (nesta ocasión do 16 ao 20 de febreiro) e temática (arte contemporánea) pero existen diferenzas notorias entre elas, ou polo menos no que ao custe económico se refire. Participar no programa de galerías de ARCO supón un prezo mínimo de 16.600 euros máis IVE (250 euros por metro cadrado e o prezo de inserción obrigda en catálogo oficial), mentres que en ARTMadrid a cifra baixa ata os 9.000 euros (210 euros por metro cadrado, máis o custe de catálogo). Tamén é certo que, este ano, ARCO sacou da manga a sección OPENING, para galerías novas europeas (menos de oito anos de antigüidade) que está destinada á arte emergente ás que lles ofrece un espazo pequeño (menos de 24 metros cadrados) que ten un custe de arredor de 5.000 euros. Con todo, as dúas citas non son rivais, porque teñen criterios de selección diferentes, e as galerías galegas deciden a súa presenza.
A veterá: ARCO
Cumpre neste 2011 trinta anos. Tres décadas que dan moito de si dun encontro que atravesa agora unha nova, con Carlos Arroz como director. Un novo capitán para un barco que serviu de punto de encontro de galeristas, coleccionistas, directores de museos, comisarios, directores de bienales e que ten unha colección propia que se garda en Santiago, nos almacéns do Centro Galego de Arte Contemporánea. Un convenio subscrito hai case dúas décadas e que, como contrapartida, a institución pública galega teña un compromiso de compra de 100.000 euros (de feito, neste ano de recurtes é toda a partida que o CGAC ten para mercar obra para a súa colección).
Despois dunha edicion en 2010 na que só asistiron dúas galerías, neste ano a representación galega (que chegou a ser de cinco entidades, máis o espazo propio do CGAC) resúmese en tres: as viguesas Ad Hoc e Bacelos, xunto coa compostelana SCQ. Mérico especial dunha edición que conta con menos espazo expositivo (redúcese de tres a dous pavillóns) e na que desaparecen os proxectos comisariados (EXPANDED BOX, PERFORMING ARCO e BLACK BOX). Mantense SOLO PROJECT pero moi vencellado a un carácter latinoamericano.
A representación galega non se esgota nestes tres espazos, xa que as galerías Helga de Alvear e a Marlborough levarán artistas galegos. Coa primeira exporá a coruñesa Ángela de la Cruz, mentres que coa segunda irán o vigués Rafael Cidoncha e o cambadés Francisco Leiro.
Nova pero non novata: ArtMadrid
Ten só sete anos ás súas costas pero conta cunha sólida traxectoria. Nacida a raíz do desencontro das galerías coa anterior liña que estaba a tomar ARCO, un grupo decidiu botar a andar este proxecto con criterios moito máis rupturistas, frescos e menos institucionalizados, como apuntaron naquel momento. Asunta Rodríguez, da galeria Trinta apostou forte por esta feira na que agora fai parte do criterio de selección. Ademais, a galerista compostela é a responsable dun proxecto Art Show, no que escolma nove instalacións artísticas propostas polas galerías participantes.
Canda o proxecto de Trinta, que asiste no programa galerías, existen outras entidades galegas. A galería coruñesa Moret Art e a santiaguesa Metro participan no espazo dedicado ás galerías máis novas (Young Art). Moret repite neste espazo cunha escolma da obra de Xurxo Gómez-Chao, Víctor López- Rúa, Jano Muñoz, Cristina Moroño, Miguel Piñeiro e Isabel Tallos, artistas de traballo habitual da galería.
Completa a presenza galega a editora Dardo, que estará presente tanto en ARCo como en ART Madrid. A organización dos dous encontros facilita a asistencia ás publicacións a cambio de inserción publicitaria ao longo de todo o ano.