Coa visita dos Reis este xoves arrinca en Madrid unha nova edición de ARCO. Pero non será unha máis. Este ano o encontro está marcado pola crise global (que non deixa indiferente ao sector da arte), a disidencia e, para Galicia, unha redución da presenza de galerÃas e artistas. Descubre a partir de mañá a participación galega no especial ARCO09.
Cando Rosina Gómez Baeza deixou ARCO entraron novos aires na feira. Mudou o criterio e o comité de selección, cambiaron as formas e a feira comezou a ser máis internacional en detrimento das galerÃas españolas. A chegada de Lourdes Fernández e a súa nova maneira de xestionar o encontro puxo en pé de guerra ás galerÃas españolas que levantaron o dedo acusador contra esta forma de traballar. Malia as crÃticas ARCO seguiu medrando como feira que é: en público, vendas e presenza de galerÃas. Pero a este feito engadÃuselle outro, difÃcil de predicir e con efectos devastadores: a crise económica. Nun momento de recorte, as galerÃas apretan o cinto pero non renuncian a ir a un encontro que pese ao seu prezo (os prezos por presenza non baixan dos 5.000 euros) segue a ser a cita ineludible da arte contemporánea.
As claves de ARCO 09
As cifras son, como cada ano, abrumadoras. Preto de duascentas galerÃas seleccionadas, máis de dous mil artistas e propostas procedentes de 39 paÃses que serven para ofrecer unha foto fixa do que é a creación artÃstica contemporánea. Obra gráfica, escultura, instalación, arte dixitalÂ… e as instalacións máis emerxentes conforman esta gran feira.
O seu esqueleto de traballo no presenta grandes novidades: un programa xeral (no que só hai unha galerÃa galega que é adhoc); a sección ARCO 40 co máis novo da arte contemporánea representada nun máximo de tres artistas con obra dos últimos tres anos (nesta sección está Bacelos); os proxectos individuais de Solo Projects creados ex profeso para esta feira; os Expanded Box que pretende trasladar os novos formatos e contextos das prácticas artÃsticas e Performing ARCO, o espazo para explorar as posibilidades da performance (nas que está a galerÃa C5).
Como cada ano, a principal feira madrileña da arte contemporánea ten un paÃs convidado. Nesta ocasión, a arte emerxente da India é a principal protagonista. Os seus artistas e galeristas carecen dunha coherencia formal e temática que non sexa o da súa nacionalidade pero comparten a creatividade e expresividade. Despois da China, a India está a descubrir o seu boom da arte contemporánea. Ocupa cada vez máis presenza en mercados internacionais e feiras, e estase a converter nun dos referentes máis demandados nos mercados da arte.
A presenza galega
Este ano, a presenza con stand propio redúcese a adhoc, a única galerÃa que foi escollida dentro do programa xeral. Lonxe está das cinco galerÃas que levou en edicións anteriores e que permitÃan, non só ampliar o negocio para as galerÃas galegas, senón tamén levar aos artistas cos que traballan durante cada ano. Pero adhoc non estará soa, con ela está a tamén viguesa galerÃa Bacelos (no espazo ARCO 40) e a máis nova, a galerÃa C5 que este ano presenta unha videoinstalación sobre a vinganza.
A isto hai que engadirlle as dúas publicacións galegas ARTNotes e Dardo que acudirán nun espazo conxunto co resto de medios especializados en arte contemporánea.
Coñeceremos máis polo miúdo a súa presenza a partir de mañá, no especial ARCO09 co que Culturagalega.org quere prestar atención á presenza galega neste encontro. Pero non o único, mentres ARCO busca novos rumbos e novos horizontes, unha feira nova, ART Madrid chega para abrirse un oco nas mesmas datas e na mesma cidade. Un encontro no que disidentes e rexeitadas por criterios de selección, que non de calidade, buscan o seu espazo. Outra feira na que tamén hai presenza galega e á que lle prestaremos cumprida atención. Son as dúas propostas que converten a Madrid esta semana capital mundial da arte.