Malia a que a presenza de galerías galegas en ARCO baixa de novo, este ano semella que o sector olla a Madrid con interese. Novos nomes do país súmanse ás convocatorias de JustMad, Jäalphoto e ArtMadrid. Ademais, moitos artistas galegos estarán representados no principal evento artístico do ano da man de diferentes espazos nacionais e internacionais. O asalto faise desde a periferia.
Malia aos ánimos cos que acudía no pasado ano, a compostelá Trinta volta caer do programa da nova edición de ARCO,a feira de Arte Contemporánea que arrinca mañá e que se desenvolve ata o 1 de marzo no Instituto de Feiras e Exposicións de Madrid. Así, a representación galega volta ficar reducida a tres nomes, os xa habituais de Adhoc e Bacelos e mais de PM8, que consolida a súa presenza logo do debut de 2014. Así, Adhoc acode cunha representación conformada por Xoán Anleo, Usue Arrieta e Vicente Vázquez, Suso Fandiño, Carme Nogueira e mais Stéphanie Saadé. Pola banda de Bacelos, o centro vigués que ten tamén sede en Madrid participa con traballos de Lúa Coderch, David Ferrando Giraut, Fermín Jiménez Landa, Abigail Lazkoz e Sofía Táboas. Mentres, PM8 amosa tamén desde Vigo un proxecto curatorial compartido coa galería brasileira Jaqueline Martins a cargo de Loreto Martínez Troncoso e Jesús Pedraza Villalba. Aínda que en xeral as propostas galegas que asisten a ARCO coinciden en sinalar unha certa recuperación nas condicións do mercado nos últimos anos, tamén afirman que a melloría é lenta. Vese certa melloría, pero a cousa non vai tan rápida, asegura Inés Román desde a Adhoc.
Web de Adhoc
Facebook de Bacelos
Web de PM8
A selección
Ter unha carreira consolidada é un requisito imprescindible para se achegar a ARCO, e nin sequera se pode considerar unha garantía. Así lle aconteceu ás composteláns de Trinta, que logo de participar en varias edición do evento ficou fóra, voltou o pasado ano e agora, de novo quedou ás portas. Examínanos un comité que para ben ou para mal consideran o teu traballo, pero non podes modificalo pensando en quén te vai examinar. Penso que cada galería ten o seu proxecto e que temos que ser honestos e facer as cousas como cada un pensa que son, lembra Román. De xeito semellante, Pepa Gómez Montesinos, de Bacelos, apunta que non existen trucos. Todos os anos os proxectos que se presentan teñen que pasar o exame. Algo que se valora tamén na selección para a feira é a construción dun fío argumental entre as obras que se expoñen en cada posto no IFEMA. É algo que si esixen aínda que os traballos que se levan son moi diferentes, lembra Román. Desde Adhoc apuntan que os seus criterios para artellar a presenza no evento baséanse, como para moitas outras galerías, na súa actividade anual. Desde hai uns anos temos menos espazos, os postos son máis pequenos, e entón temos que seleccionar máis. Atendemos a se tiveron exposición individual na galería, se fixeron outras mostras fóra e logo ese fío común que lle buscamos aos traballos, asegura Román.
Alén das galerías
Canda ás galerías do país e os creadores polos que apostan, a feira conta tamén con presenza de artistas galegos que van da man de espazos foráneos. Así, non falta a pintura de Antonio Murado no posto de Álvaro Alcázar, as fotografías de Manuel Vilariño na do lisboeta Carlos Carvalho, Ángela de la Cruz, en Krinzinger, Teo Soriano en Marc Domenech ou as esculturas de Francisco Leiro en Marlborough. Nese sentido, a aposta que desde hai anos fai ARCO por creadores relativamente novos semella facilitar a presenza de nomes do panorama recente do país. Sempre se apostou por proxectos novos, tanto de artistas como de galerías novas, lembra Gómez Montesinos. Así, atopamos nomes como Rubén Ramos Balsa (F2, Madrid), Rubén Grilo (Future Gallery, Berlín), Kiko Pérez (Heinrich Ehrhardt, Madrid) ou Jorge Perianes (Max Estrella, Madrid).
Antonio Murado no web de Álvaro Alcázar
Manuel Vilariño en Carlos Carvalho
Ángela de la Cruz en Krinzinger
Teo Soriano en Marc Domenech
Franciso Leiro en Marlborough
Rubén Ramos Balsa en F2
Rubén Grilo en Future Gallery
Kiko Pérez en Heinrich Ehrhardt
Jorge Perianes en Max Estrella
Fóra de ARCO
Fóra xa do encontro do IFEMA, dentro das propostas paralelas que estes días enchen a capital española de arte, o noso panorama volta ter presenza en JustMad, logo do abandono de PM8 e de A.deFuga en pasadas edicións. Desta volta é a ourensá Marisa Marimón a que se achega a esta cita paralela, onde amosa o traballo de Tamara Feijoo. Canda a eles, o crítico galego Ángel Calvo Ulloa foi o responsable da selección dos oito artistas que participan na sección Just Projects do evento. Pola banda de Jäalphoto, que se celebrou a pasada semana no Mayerling Hotel, recuncou a compostelá Metro, xa habitual nesta cita, á que levou obras de David Cata, Sheila Pazos, María Blanco e Cristina Otero.
Web de Marisa Marimón
Just Projects en JustMad
ArtMadrid
No entanto, é ArtMadrid o encontro que concentra máis interese entre os galeristas do país. O ano pasado era Moret Art a única galega, e desta volta recunca por sétima vez con obras de Xurxo Gómez-Chao, Hector Francesch, Miguel Piñeiro, Jano Muñoz, María Treviño e Juan Gallego Garrido. Canda á súa veterana presenza, desta volta súmanse a pontevedresa About Art, con obras de Alejandra Sampedro e mais a viguesa Montenegro, que achega traballos de Bosco Sodi, Joan Miró e Wifredo Lam. A pegada do país complétase coa participación de Iria do Castelo da man da galería ovetense Arancha Osoro e mais do xa paradigmático José María Labra, representado pola galería Punto.
Moret Art en Art Madrid
About Art en Art Madrid
Galería Montenegro en Art Madrid
Internacionalización
Como reto para o futuro, as galerías que asisten a ARCO apuntan a necesidade de apostar pola internacionalización como único xeito de se manter. O pasado ano fixeron un programa de coleccionistas estranxeiros moi bo. Sen internacionalizarse é imposible, cos nacionais non vendemos, aseguran desde Bacelos. Na mesma liña, en Adhoc advirten que para nós a nacionalidade dos artistas non é o primordial, aínda que é interesante e sempre é bo defender o da casa. No entanto, sexa por proximidade ou por calidades, no noso caso non foi premeditado, pero cinco dos seis artistas que levamos son galegos.
Representación
Aínda que a pegada que teñen as galerías galegas nunha serie de eventos destas dimensións pode parecer pequena, tal e como explica Gómez Montesinos de Bacelos, hai comunidades que non teñen ningunha, realmente somos unha das que está mellor representadas. E isto mesmo cos altibaixos que desde hai anos rexistra o número de participantes do país. Ademais a presenza crecente de nomes galegos en citas deste tipo amosa o interese por participar da internacionalización do mercado da arte. Cada vez son máis as galerías, como xa fixo PM8, que acoden a diferentes encontros por todo o mundo como Ch.ACO, Pinta London, Zona MACO ou Est Art Fair e traballan a facer un currículo que logo lles permita chegar a ARCO e a eventos de primeira liña internacional. O asalto continúa.