A recuperación da “maison”

O modisto Gonzalo Vázquez abre un atelier en Santiago con creacións personalizadas aptas para todos os petos

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:
Imaxe do proxecto que defende Gonzalo Vázquez. Foto: Xabier Belho

Imaxe do proxecto que defende Gonzalo Vázquez. Foto: Xabier Belho

Deseñou vestiario para Uxía Senlle, Guadi Galego, Marful e varios espectáculos de artes escénicas, pero agora quere dar o salto o gran público. Por iso, Gonzalo Vázquez presenta GV, un proxecto multidisciplinar de moda que une danza, teatro, fotografía e todas as disciplinas artísticas nun mesmo espazo (Vía Sacra 3, Compostela). Deseños de moda a prezos asequibles para todos os petos pero recuperando a esencia dos antigos ateliers nos que Gonzalo Vázquez, considerado o enfant terrible (ou o neno barroco, contará con outras dúas persoas para ofrecer unha atención personalizada, interdisciplinar e interartística.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Vestir con rebeldía

Vestir con rebeldía

Unha exposición achégase á eclosión creativa do deseño de moda nos anos oitenta

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Guadi Galego, Uxía Senlle, Uxía Senlle...