Nun momento no que a moda pasa por horas baixas, o Pazo da Cultura de Pontevedra bota os ollos cara atrás, os anos 80 para revivir un momento de eclosión das creacións, pero non entendidas só como unha revolución do téxtil, senón como un pulo á creación que tamén se canalizou na moda. “Non é unha exposición historicista, senón de cómo a moda se conectou con outras disciplinas artÃsticas e experimentou unha eclosión creativa” explica Silvia GarcÃa, profesora de Belas Artes e comisaria, xunto con Cristina Varela, desta exposición.
Singularidades. A moda en Galicia nos oitenta é unha exposición sobre un momento de proxección internacional da moda galega que se conecta cun perÃodo revolucionario no aspecto creativo, no industrial e mesmo de renovación tecnolóxica en canto a tecidos e procesos de creación. Pero a exposición é tamén o froito público do traballo de investigación de Cristina Varela (A súa tese titulábase “Moda e arte: desprazamento, interacción e contaxios) no marco do grupo GX7 no que analizan a creatividade en diferentes campos: a moda, a artes plásticas, a músicaÂ… que se produciron nun momento da rupturista como foron os anos oitenta.
A creatividade como vÃa de expresión
“En toda a creación dos anos oitenta hai unha tendencia de aperturismo provocado polos cambios polÃticos e sociais, mediatizado pola apertura das novas linguaxes da arte e que se canalizou na moda, a fotografÃa, videocreación, pinturaÂ….” Explica Cristina Varela, a autora da tese de investigación que foi a orixe da exposición que se pode ver no museo de Pontevedra. “Eu sumeime ao proxecto, explica Silvia GarcÃa, porque me parecÃa que un tipo de investigación non se podÃa deixar de comunicar á sociedade e foi como empezamos a buscar materiais para dar a coñecer que non foi só na rúa, foi o momento da moda como espectáculo no que houbo novo materiais e, sobre todo a creatividade”. Este momento tan produtivo a nivel de ideas e de creación coincidiu tamén con todo un despegamento industrial que, co apoio da Xunta, derivou nun dos momentos máis fértiles da chamada moda galega. “Na moda non se deron movementos colectivos como si se desenvolveron na pintura coa xeración Atlántica, o que si houbo, explica Silvia GarcÃa, foi a iniciativa do publicista LuÃs Carballo que convenceu a uns industriais de crear o movemento “Galicia Moda” que tivo o seu punto álxido do desfile dos creadores galegos na Semana da Moda de ParÃs”. Unha exposición que marcou un fito na moda galega, non exento de anécdotas e curiosidades, xa que unha gran nevarada impediu que chegasen a tempo algúns dos deseños que os creadores galegos preparan co tanta dedicación para a cita máis importante que tivo nunca a moda do paÃs. Precisamente ese soño feito realidade quedou retratado no fanzine Tintimán, editado por Javier Boreda, e na revista Galicia Moda que chegou a ter unha tiraxe de 30.000 exemplares. E todo ese background está rexistrada esta exposición que non se basea só en estilismos.
Moito máis que estilismos
Tanto Silvia GarcÃa como Cristina Varela comparten profesorado na Escola de Estudos de Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga) e unha formación especÃfica en Belas Artes, por iso, articularon unha exposición con diferentes tipos de materiais. “Relacionado coa orixe da mostra, o grupo de investigación elaborou un “Wikimapa” que é unha interface presente a través dos ordenadores e nos que se poden consultar as entrevistas que se fixeron a deseñadores e crÃticos coas que se produciu un vÃdeo fiado de tal maneira que podes escoitar ese movemento colectivo de Galicia Moda a través de anécdotas e na voz dos propios protagonistas”. Canda este, hai un audiovisual sobre a movida viguesa, outro de Alicia Framis Secret strike que fai un percorrido pola fábrica de Inditex. “Alén diso temos unha proxección de imaxes e publicidade e tamén hai obxectos e revistas que reflicten aquel movemento, o fanzine Tintiman, a revista Galicia Moda, e logo hai curiosidades como os maniquÃes que eran esculturas que non funcionan como maniquÃes que son auténticas esculturas” di GarcÃa.
En todo caso, a exposición sirve como mostra palpable diso que Cristina Varela chama “territorio de contaxio entre as artes plásticas e a moda”, na que deseñadores utilizar recursos artÃsticos ou artistas que empregan modelos, escaparates ou a prenda gráfica e xera un novo produto. Para ela, a revolución creativa foi clave para que se producira ese bum nos anos oitenta e é o factor que demanda agora para superar a crise que atravesa o mundo da moda. “Supoño que cando o factor económico e a deslocalización é un feito, a saÃda que nos queda é a creación” apunta Varela ao tempo que di asegura “a institucionalización dos estudos de deseño en xeral, e os de moda en particular, debe ser a plataforma regrada para achegar creatividade á confección”.