Preséntanse dous novos espectáculos a mesturar danza e teatro

Compostela acolle esta semana Gute Nacht e Ulises e a nena durmida

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Preséntanse dous novos espectáculos a mesturar danza e teatro

A Sala Mozart do Auditorio de Galicia en Compostela acolle, onte e hoxe, Gute Nacht, unha proposta escénica na que o creador e performer Gonzalo Vázquez mestura canto lírico, piano e danza contemporánea. Poemas de Wilhelm Müller musicados por Franz Schubert serven de base para explorar "o tema do amor desde o ángulo da morte como experiencia vital e creadora". A iniciativa intégrase no festival son[UT]opías 2015/2016 do proxecto campUSCulturae.

Pola súa banda, o Teatro Principal será escenario da estrea, este sábado 30, de Ulises e a nena durmida. Ánxela Blanco dirixe e executa unha montaxe na que mestura teatro e danza contemporánea a reinterpretar o retorno de Ulises a Itaca logo da guerra de Troia.

INTRODUCCIÓN A ULISES E A NENA DURMIDA from Nomad on Vimeo.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Ulises, Mozart...