O Auditorio Municipal de Ourense acolle na tarde deste catorce de febreiro, ás 20:30 horas, a estrea de A gala, última montaxe da compañÃa de danza Licenciada Sotelo. Cristina Vilariño, Rebeca Carrera e Nuria Sotelo poñen en escena esta peza que parte dunha investigación sobre a figura e a obra de Maruja Mallo. Como base da montaxe "o traballo de creación de tres bailarinas; encargadas de coreografiar o fÃo condutor da Gala de entrega dos Premios Maruja Mallo (os máis relevantes galardóns da cultura do pais que as acolle).Na dramaturxia, Maruja Mallo ten por fin un lugar próximo, o que lle corresponde, a primeira liña en canto difusión da sua obra e o recoñecemento histórico que lle pertence", explica a compañÃa. "Ao mesmo tempo, e seguindo a figura da pintora, a peza fai unha critica ás nosas propias figuras reivindicativas. Unha crÃtica á actual sociedade durmida na que a acción se revela como última opción".