Caramuxo Teatro estrea Ela na Coruña

Maruja Mallo inspira a nova montaxe da compañía

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Caramuxo Teatro estrea Ela na Coruña

O Fórum Metropolitano da Coruña acolle hoxe ás 20 horas a estrea de Ela, a nova montaxe de Caramuxo Teatro para público a partir dos 3 anos. A obra mestura teatro, danza e video mapping para divulgar a figura da pintora Maruja Mallo e o seu imaxinario nunha experiencia visual sen palabras. A estrea realízase no marco do ciclo Todo público e da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Axencia Galega das Industrias Culturais. Segundo explicou a compañía na presentación da obra que se celebrou o día 3 no propio Fórum, a súa intención "é reivindicar a unha das mulleres máis importantes das vangardas artísticas, que se anticipou ao seu tempo e que deixou unha fonda pegada no panorama pictórico e na vida cultural. A finalidade desta obra é tamén achegar a arte plástica tanto as nenas e nenos, como ás súas familias. Queremos que esta peza, que non é textual, sexa unha canle para levar, máis alá, a arte do teatro e da pintura", sinalaba Laura Sarasola.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Caramuxo Teatro, A Coruña, Maruja Mallo...