O Teatro Jofre, en Ferrol, acolle hoxe a estrea da nova montaxe da compañÃa Maquinarias Teatro, "Que din as rumorosas", un espectáculo teatral dirixido por Paula Carballeira. As mulleres son as protagonistas desta comedia. Cinco actrices e unha bailarina sobreviven ao dÃa a dÃa de quen ademais de mulleres son artistas e viaxan por un cruceiro atemporal no que navegan con Eugenia Osterberger, Maruxa Villanueva, Mercedes Mariño, Maruja Mallo, Bella Otero e MarÃa Balteira. Ao longo da representación destaparán os seus segredos máis Ãntimos, cantarán, bailarán e falarán da arte como camiño inevitable. As intérpretes que dan vida a estas mulleres senlleiras da historia de Galicia son Carmen Cotelo, Caterina Barro, Cristina Mariño, Eugenia SanmartÃn, Helga Méndez e Marián Rei. A equipa técnica complétase coa música do pianista ferrolán Andrés Pazos, o deseño de iluminación de Diego Vilar, do Grupo Creativo RTA, no deseño de iluminación. A montaxe da obra foi posible grazas á colaboración de mecenas a través dunha chamada por unha plataforma e ademais o proxecto acadou un dos premios Luisa Villalta a Proxectos pola Igualdade convocados da Deputación da Coruña. A peza porase sobre a escena hoxe ás 20:30 horas, as entradas están dispoñibles na Axenda Cultural do Concello de Ferrol.