A compañÃa Maquinarias teatro estrea ese mércores no teatro Jofre de Ferrol unha nova montaxe de teatro social. 'Atrapadas' conta o periplo de Somod, Amal, Aicha, Hasisa, Anim e Zahraa, mulleres sirias refuxiadas no Pireo na súa fuxida do seu paÃs en guerra. Baseada en testemuñas reais, recollidos no informe "Atrapadas en Europa. ¿Dónde está la dignidad?" editado pola organización internacional Women's Link Worlwide, a peza apóiase no relato das actrices e nos obxectos cotiás, que ilustran a narración e cobran un forte poder simbólico. 'Atrapadas' é unha peza de teatro social que utilizando as ferramentas do teatro Documento pon o acento na realidade destas vidas confinadas. Helga Méndez e Eugenia SanmartÃn colócanse no lugar destas outyras mulleres reais e na súa vivencia. A peza formou parte do programa do V Encontro Internacional Acampa pola Paz celebrado en setembro na Coruña