Traspediante mestura danza e circo en Up2Down

O Salón Teatro de Compostela pecha esta tarde o seu ano con esta estrea

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Traspediante mestura danza e circo en Up2Down

Paula Quintas e Marta Alonso protagonizan a última montaxe da compañía Traspediante. Up2Down preséntase esta tarde ao Salón Teatro de Compostela e fecha a programación de 2015 da sala. A montaxe que dirixe Arturo Cobas e conta con dramaturxia de Kirenia C. Martínez Acosta, mestura diferentes disciplinas e fusiona danza con circo e funanbulismo. Segundo explica a presentación do proxecto, "a proposta parte do inicio dun ‘show’, no que aparecen dúas personaxes surrealistas e os seus obstáculos, contextualizan o momento no que os desexos e as aspiracións de cada unha se atopan e inician unha viaxe emocional ata chegar ao entendemento". O proxecto conta con música orixinal de María Mendoza.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Salón Teatro, Marta Alonso...

Claves

Entidades
Conceptos