Artistas e galeristas levarán a creación contemporánea a ARCO 2011

Helga de Alvear e a Marlborough levarán obra de artistas galegos

10/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A vindeira semana (do 16 ao 20) desenvolverase en Madrid unha nova edición de ARCO, a coñecida feira de arte contemporánea. Como xa era sabido, haberá tres galerías galegas (as viguesas Ad Hoc e Bacelos, xunto coa compostelana SCQ) que exhibirán o traballo dos artistas cos que traballan habitualmente. A representación galega non se esgota nestes tres espazos, xa que as galerías Helga de Alvear e a Marlborough levarán artistas galegos. Coa primeira exporá a coruñesa Ángela de la Cruz, mentres que coa segunda irán o vigués Rafael Cidoncha e o cambadés Francisco Leiro. Esta edición de ARCO estrea director, Carlos Urroz, e conta con Rusia como país convidado.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Francisco Leiro, Feira, Madrid...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos