A Coruña inicia a súa semana excéntrica

Producións Excéntricas programa en sete días catro espectáculos para diferentes públicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Propostas teatrais diversas, para públicos moi diferentes e todas concentradas nunha semana. Estes son os ingredientes das Xornadas Excéntricas que arrincan mañá na Coruña. Do 5 ao 12 a empresa Producións Excéntricas poñerá en marcha Shakespeare para ignorantes (Fórum metropolitano, sábado e domingo), O peor de Mofa e Befa, un conversatorio con Kiko Cadaval (na Rúa de San Andrés, falará con todo aquel que lle pague ao polifacético creador un euro) e a súa última produción, Un cranio furado. O proxecto é resultado da colaboración entre PT Excéntricas e o concello da Coruña.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Shakespeare, Mofa e Befa, Fórum Metropolitano, Concello da Coruña