¿Que poden ter en común unha cova do Courel e a penÃnsula da Lanzada, nas portas da rÃa de Arousa? Pois dous curiosos mangos de óso que apareceron, en cada un destes lugares, nos últimos seis meses. Pero os mangos comparten máis que unha sospeitosa apariencia común: en si mesmos son toda unha lección da conservación de restos arqueolóxicos en Galicia. O mango do Courel foi atopado polo Espeleo-Clube Descenso de Cañóns nunha cova courelá da que non se fixo pública a ubicación, na que tamén apareceron fragmentos cerámicos.
"Estes dous mangos de coitelo", afirma Rafael RodrÃguez, arqueólogo e director das escavacións da Lanzada, un estraño poboado cunha longa secuencia temporal que vai desde a Idade do Bronce ata a Idade Media, "conserváronse porque tanto na Lanzada coma no Courel dánse unhas condicións naturais moi especiais: na Lanzada hai area e no Courel o mango apareceu nunha cova caliza". A acidez do chan galego evita a preservación dos restos arqueolóxicos orgánicos na gran maiorÃa dos sitios arqueolóxicos do paÃs, pero tanto a area como a caliza facilitan a conservación dos restos.
Para Rafael RodrÃguez, os dous mangos, o da Lanzada e o Courel pertencen á mesma época, a Idade do Ferro. "O da Lanzada atopouse por riba dun concheiro, nun contexto arqueolóxico que suxire que se fabricou no século II a.C.". No sitio arqueolóxico apareceron, en diferentes momentos, outros catro máis, tres deles moi semellantes entre si e tamén case idénticos ao Courel. RodrÃguez considera que o mango da cova do Courel tamén pertence á Idade do Ferro. Toda unha lección da extensión das modas estéticas ou das rutas ao longo de Galicia nunha época moi distante.