Leva máis de vinte e cinco anos traballando en Galicia dando a coñecer a cultura árabe. Co gallo das súas vodas de prata e co Ano Xacobeo de por medio, a fundación quixo poner en marcha unha sede na zona histórica. Tras unha rehabilitación en tempo récord, as instalación abrían as súas portas de maneira oficial hai unhas semanas. Percorremos o edificio ao tempo que a galerista da Fundación Araguaney, Andrea Rodríguez, nos comenta a exposición do palestino Jad Salman.
É novo, é palestino e é artista. Son tres características de Jad Salman, artista que inaugura a primeira das exposición da nova sede da Fundación Araguaney en Santiago. Pero tamén son tres denominadores comúns á filosofía de traballo que pretende desenvolver a propia sede. A nosa intención é dar a coñecer artistas de Iberoamérica e de Oriente Medio explica Andrea Rodríguez, galerista esta entidade. Dáse a maiores outra característica nesta exposición común á filosofía de traballo da fundación que reflicte unha obra que racha cos estereotipos, achega un aire freso, novidoso e ten grande liberdade creativa.
Jad Salman naceu en Tulkarem, cidade palestina sitiada polo muro israelí, e licenciouse en Belas Artes na Universidade Al-Najah de Naplouse. Despois de ter traballado como deseñador gráfico e decorador de interiores en Ramallah, trasladouse a Francia como artista residente na Cidade Internacional das Artes de París. Actualmente vive e traballa na capital francesa. Os seus trazos biográficos están presentes na súa obra cunha amalgama de expresionismo abstracto e surrealismo que representa espazos diversos, ideados desde o máis profundo do seu subconsciente. Uns espazos que habita e deshabita marcando un percorrido temporal.
GALERÍA COMENTADA por Andrea Rodríguez
Jellyfish
Jellyfish plasma a forma da obra en conxunto de Salman porque emprega cores vivas, formas dinámicas e unha técnica moi matérica porque é unha pintura tridimensional que pretende suscitar un sentimento ao espectador, que perde a súa función de simple observador e se converte en participante da obra.
Octopus garden
A Jad Salman impórtalle a concepción do espazo. Parte dunha idea básica desde a que representa un espazo, de aí outro espazo e así sucesivamente. Así, temos unha superposición de espazos que Salman chama subforme.
Wonderland
Esta serie permite ver outra consideración de espazo. É a idea de futuro que tamén plasma a nivel persoal, como será dentro de 20 anos. Ilustra o proceso creativo pode durar días como no caso de Wonderland que dura moito tempo, e no que segue coa idea de superpoñer espazos para adquirir unha nova concepción.
Don Quixote
Plasma as influencias dos grandes maestros da arte. Alén da influencia de Miró e de Picasso hai unha marca persoal porque realiza unha interpretación persoal do Quixote. Aquí representa formas orgánicas, negras, de trazos moi marcados que vai a ritmos completamente diferentes. Aquí vemos o noso propio ritmo e que o fai cun afán libertario, para que o espectador poida entender o seu ser, a súa propia identidade.
My weapon in the museum
Jad Salman ten influencia palestinas na súa obra, pero fai unha abstracción da vertente bélica e retrata Palestina en función das súas cores. A guerra si que a afectou a súa vida pero el invertiu ese recordo. Pódese dicir que é a obra dun home antes que dun palestino.