O escritor Rafa Vilar (Cee,1968) suma un novo galardón ao seu palmarés persoal, que fai menos dun mes engadÃa o premio Realia de tradución. Neste caso é na súa faceta de creador de poesÃa, moitas veces galardoada, que o xurado do XXIX Premio de PoesÃa Avelina Valladares, convocado polo Concello da Estrada, ven de declaralo gañador por unanimidade de entre as 39 presentadas este ano coa súa obra inédita 'Ferida aberta', presentada baixo plica. O galardón entregarase cara finais de ano a coincidir coa presentación da obra publicada e conta cunha dotación económica de 2.000 euros. Sobre a obra seleccionada o xurado quixo destacar que, "a través da sinxeleza dos seus versos, consegue construÃr un universo poético Ãntimo e delicado, evocador e cheo de matices". Tamén comentaron na súa acta que o texto de Vilar "transita pola dor e a esperanza, o amor, a perda, as luces e sombras do cotiá, creando para quen le esa fonda necesidade de tocar a terra".
Rafa Vilar gaña o Premio de PoesÃa Avelina Valladares
A obra 'Ferida aberta' do escritor ceense acadou a unanimidade do xurado
