Brenda Mondelo gaña o Premio Lorenzo Baleirón de Poesía

A xornalista acadou a unanimidade do xurado da XXXVª edición deste certame convocado polo Concello de Dodro

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Brenda Mondelo gaña o Premio Lorenzo Baleirón de Poesía

Co poemarío titulado 'Neve' a xornalista Brenda González Fernández (Pedrafita do Cebreiro, 1994) coñecida literariamente como Brenda Mondelo, ven de gañar o XXXV Premio de Poesía Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro. O xurado decantouse por unanimidade por esta obra de entre as cincuenta e unha que se recibiron nesta edición do certame. Na súa acta o xurado fai destacar sobre o poemarío gañador "a orixinalidade do tema proposto, así como do seu tratamento. Trátase, ademais, dunha aposta non exenta de risco na busca de poetizar a narratividade. Por outra parte, a pesar de ter dous protagonistas recoñecidos, consegue romper os clixés históricos arredor destas dúas figuras que constitúen o eixo principal do libro". A entrega oficial do premio Lorenzo Baleirón chegará o vindeiro 10 de decembro ó CPI de Dodro. O premio está dotado con 2.500 € e a publicación da obra galardoada.

Que che parece esta nova?
121 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Concello de Dodro, Cebreiro

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares