
Dez textos foron presentados nesta quinta edición do galardón convocado desde a editorial Hugin e Munin, novelas e novelas curtas traÃdas ao galego dende seis linguas distintas. Os membros do xurado acordaron reflectir na acta as seguintes consideracións sobre o traballo escollido: "'A tolemia', publicada orixinalmente en 1899, é unha escolla pertinente que porá fin a unha ausencia notable no corpus galego de literatura traducida. O traballo presentado salienta pola naturalidade coa que flúe o texto sen afastarse do ton do orixinal, mesmo cando reproduce certas pasaxes de corte coloquial ou humorÃstico. Alén de que a obra deberá ser adaptada aos criterios lingüÃsticos da editorial, o aparato de notas talvez ampliado e algunha outra cuestión de estilo revisada, a escolla e o traballo tradutolóxico desenvolvido é estimable e digno merecedor do premio."